Xosé Francisco Armesto Faginas

Xosé Francisco Armesto Faginas foi un xornalista, escritor, estudoso e mestre de varias xeracións de profesionais dos medios de comunicación.

Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense e titulado pola Escuela Oficial de Madrid, tamén realizou un doutorado en Historia Contemporánea Española. Armesto comenzou a súa carreira nunha axencia informativa de Madrid e colaborou nos diarios “Madrid” e “Pueblo”. Foi corresponsal do diario barcelonés “La Vanguardia” durante varios anos e redactor do desaparecido diario vigués “El Pueblo Gallego”. Na súa brillante e dilatada traxectoria xornalística, destaca o seu labor en FARO DE VIGO como redactor entre 1964-1970 onde traballou baixo as ordes directas de Álvaro Cunqueiro. Anos máis tarde foi director do diario entre 1978-1986.

A gran relación que mantivo con Cunqueiro deu orixe ao su libro “Cunqueiro, unha Biografía” que Edicións Xerais publicou en 1987 e pola que mereceu el Premio da Crítica de Galicia e que tamén resultou finalista do Premio Nacional de Literatura no apartado de ensaio.

Texto: Faro de Vigo