montaxe-forcadela2

Manuel Santiago Fernández Álvarez, máis coñecido polo pseudónimo de Manuel Forcadela, nado en ForcadelaTomiño, o 25 de xullo de 1958, é un escritor galego.

Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa en xullo de 1985, é Catedrático de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio en excedencia e, na actualidade, exerce como Profesor Titular na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Doutorouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese sobre a poesía de Eduardo Pondal. Traballou como profesor invitado no Graduate Center da CUNY (City University of New York).

Colabora habitualmente en revistas e xornais, e é autor de máis dunha vintena de obras que abranguen a poesía, a narrativa e o ensaio literario.