Xosé Antón Castro

Xosé Antón Castro (Muxía, 1953) é un historiador e crítico de arte galego. Licenciado en Historia da Arte e Arqueoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor en Arte pola Universidade Complutense de Madrid. Ampliou os seus coñecementos de arte contemporánea no MOMA e no Metropolitan Museum de Nova York. Foi director da sección de Artes Plásticas da Dirección Xeral de Cultura da Xunta, organizador da Bienal de Arte de Pontevedra e conservador do CGAC. Foi profesor no Liceo Internacional de París e na Universidade de Vigo.

Entre as súas obras destacan “A arte galega dos 80”, “Freixanes”, “Manuel Colmeiro”, “Laxeiro, a invención do mundo” e “As mazás de Yoko Ono: ensaio de introdución á arte desde 1980 ata hoxe”, pola que recibiu o Premio de Ensaio da Fundación Premios da Crítica en 1996.