Marcial Gondar Portasany

Marcial Gondar Portasany (Pontevedra, 1948) é un antropólogo galego. Catedrático de Antropoloxía Social na Universidade de Santiago, é membro da Sección de Etnografía do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento e mais do Patronato do Museo do Pobo Galego.

Comezou publicando traballos sobre o proceso de transformación da sociedade campesiña galega como ¿Fracaso del corporativismo agrícola en Galicia? Aportaciones para una teoría del cambio social (Valencia, 1977). Posteriormente dedicouse ao estudo da morte na cultura galega. Actualmente investiga en problemas de antropoloxía urbana e comunicación e marketing.