Juan Ramón Vidal Romaní

Juan Ramón Vidal Romaní (Tarragona, 1946) é un investigador galego. Vidal Romaní é profesor titular da Universidade da Coruña e ten publicado diversas obras arredor das súas liñas de investigación: Cartografía xeomorfolóxica,  xeomorfoloxía de rocas graníticas, liñas de costa, xeomorfoloxía glaciar e procesos de alteración de rocas graníticas e biodeterioro.