Ricardo Polín

Ricardo Polín Gómez é profesor universitario de Didáctica da Lingua e a Literatura no Campus de Lugo da Universidade de Santiago e de Lingua e Literatura Galega na ensinanza media. Autor de numerosos estudios de historia da literatura galega, crítica textual e edición de textos antigos, está especializado en lírica baixomedieval galego-portuguesa e é experto no Camiño Primitivo de Santiago, primeira ruta xacobea por Lugo capital.

En 1998 mereceu o Premio da Crítica de Galicia por “Cancioneiro galego-castelán. Corpus lírico da Decadencia (1350-1450)” (Edicións do Castro, 1997). Seguironlle outros recoñecementos como o Premio Literario Ánxel Fole por “A poesía de Codeseira” e o Premio do Ministerio de Educación e Cultura á edición por “A muller tradicional” (Xerais,1996). Ademais, é autor de diversas obras dispersa en revistas especializadas, tanto de historia e filoloxía medieval, decimonónica ou contemporánea, importantes achegamentos á poesía chairega de autores falecidos ou esquecidos.