Isidro Parga PondalIsidro Parga Pondal (Laxe,1900 – A Coruña, 1986) foi un xeólogo  e químico galego. En 1923 obtivo praza de profesor auxiliar de Química inorgánica e Analítica na Facultade de Ciencias de Santiago. Porén, aparecen os seus primeiros traballos sobre xeoquímica, publicados na revista do Seminario de Estudos Galegos, nado recentemente e do que é membro. Realizou estudos de doutoramento en Zúric, volvendo no 1933 a Santiago.

Coa creación do Laboratorio de Xeoquímica da Universidade de Santiago de Compostela, comezou as súas investigacións sobre Galicia e formou os primeiros xeoquímicos españois. En 1934 rematou a súa tese de doutoramento obtendo a cualificación de sobresaliente cum laude na Universidade de Madrid. Ó comezo da Guerra Civil foi purgado do seu posto de profesor, retirouse a Laxe e creou unha empresa mineira para a explotación do caolín. Máis tarde creou o Laboratorio Xeolóxico de Laxe. En 1945 colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e en 1954 comezou a colaborar coa Universidade de Leiden, facéndoo despois coas de MontpellierEstrasburgoZúricMunster e Lisboa. Foi premio Ramón Mourente no 1958.