Manuel Núñez RodríguezManuel Núñez Rodríguez é profesor do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. As súas liñas de investigación son o mundo da Alta Idade Media e a iconografía funeraria rexia e cabaleresca, así como os excluídos do medievo como negros, nenos, xudeos e mulleres. Como académico ten publicado máis dunha ducia de obras e artigos en revistas especializadas, así como dirixido unha chea de teses.