Pilar Rodríguez Suárez recibiu o premio de ensaio da Fundación Premios da Crítica en 1999 por “La Universidad de Santiago en el siglo XVI: los libros de claustro, 1566-1600”. Este libro presenta a transcripción das actas do claustro da Universidade de Santiago dende 1556 ata 1600 ofrecendo unha visión xeral da historia universitaria galega a través dos sus textos máis importantes. Dende agosto de 1556, ano no que se abren os Libros de claustros, pódese seguir a práctica documental universitaria. Nestes aparecen por escrito os acordos e os feitos máis significativos da vida universitaria como as graduacións, inspecións da vida universitaria, oposicións, etc.