Membros do Seminario de Estudos Galegos en 1934

Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores ata que foi disolto coa chegada do franquismo. 

O programa do Seminario fíxase os seguintes obxectivos: “o estudo de todas as manifestacións da cultura galega, tendendo á formación dos investigadores e á divulgación do resultado dos traballos“.

O SEG estaba estruturado en doce seccións e utilizaba como método de traballo os equipos interdisciplinarios e aínda que non todos os traballos feitos estiveran en galego, é certo que foi o SEG quen por primeira vez utilizou a lingua galega de xeito significativo para facer traballo científico.

En 1944 co patrimonio do SEG creouse o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento dependente do CSIC.