Novas

Presentacións candidaturas aos Premios da Crítica de Galicia 2021

A Asociación Premios da Crítica de Galicia acordou aprobar as bases pola que se rexerán os Premios da Crítica de Galicia 2021, que se ditaminarán en Vigo o 13 de novembro de 2021, ademais de nomear as secretarías de cada unha das modalidades.

Como establece a base sétima «Todas as producións que se consideren premiables en cada unha das modalidades poderán ser presentadas polas súas autoras e autores, editoras, produtoras ou promotoras ás secretarías dos xurados antes do 30 de setembro de 2021. Así mesmo, cada un dos membros dos xurados poderá presentar cantas candidaturas considere oportunas para a súa valoración polo resto dos membros.».

A este teor as propostas poderán ser dirixidas ás secretarías de cada unha das modalidades escribindo a: premiosdacriticagalicia@gmail.com

Creación literaria: Xavier Senín Fernández.

Investigación: María López  Sandez.

Iniciativas Culturais e Científicas: Inmaculada López Silva.

Música: Mariana Fernández Carballal.

Artes Plásticas: Ernesto Sánchez Pombo..

Artes Escénicas: Malores Villanueva.

Cine e Artes Audiovisuais: Jorge Mira Pérez.

Cultura Gastronómica: Paula Cabaleiro.