O xurado da XLIII edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Cultura Gastronómica, formado por Sandra Faginas, xornalista, xefa da sección de Suplementos de La Voz de Galicia, responsable das revistas YES, Fugas e HUM; Lucía Freitas, cociñeira do restaurante A Tafona, gañadora da edición anterior; Jorge Guitián, escritor e divulgador; Rosaura Leis Trabazo, profesora de Pediatría, presidenta do Comité Científico da Fundación Dieta Atlántica da USC. IDIS. CiberObn. Hospital Clínico Universitario de Santiago; Rubén Otero Caneda, director do CIFP Manuel Antonio; Jesús Simal Gándara, catedrático da UDV e coordinador do CIA e Luis Marconi Suárez, secretaría, en representación de Premios da Crítica de Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Asociación Cociña Ourense, Festa do Marisco do Grove e Xabier Castro Pérez. Tras as derradeiras deliberacións virtuais, realizadas por videoconferencia, o Xurado acordou outorgar por maioríao premio a Festa do Marisco de O Grove

O xurado valorou a dificultade para ditaminar este premio, dada calidade de todas as candidaturas presentadas nesta convocatoria, principalmente a dos finalistas, o que demostra a gran actividade e as iniciativas que existen en Galicia no mundo da Cultura Gastronómica. Salientou ademais que esta Festa do Marisco do Grove, que se celebra dende 1963 como un evento de exaltación do marisco, no que sempre participaron as mariscadoras e os mariscadores, conxuntamente cos veciños do concello, e chegando na súa 57ª edición a ser un evento cultural internacional, que convoca a máis de 200.000 persoas, que edita os seus catálogos en Galego e 4 idiomas máis, e que potencia os alimentos naturais do mar, paralelamente con duas semanas de actividade cultural