artesans_da_pescaO xurado da modalidade de Cultura gastronómica, formado por Miguel Vila Pernas, gastrónomo, gañador da edición anterior; Xavier Castro Pérez, gastrónomo, profesor da USC; Pepe Solla, cociñeiro; Marisol Bueno, bodegueira, D.O. Rías Baixas; Marta Fernández Vázquez, Escola Superior de Hostelería; Ricardo García Rodríguez, hosteleiro e por Blanca Roig Rechou, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas a Manuel Gago, Artesáns da Pesca e David Sueiro (Galo Celta). Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Artesáns da Pesca.

O xurado salientou de Artesáns da Pesca “o seu compromiso por unha pesca sostible, defensa das artes tradicionais, especialmente as de baixura e proximidade”. Ademais destacou “o seu labor de concienciación do colectivo pesqueiro e a procura da innovación e a excelencia”. Por último, o xurado fixo unha mención especial de “David Sueiro (Galo Celta) por liderar un traballo que vai máis alá da recuperación dunha raza autóctona”.