Modesto Hermida
Modesto Hermida (Vales de Cea, 1946) é doutor en Filoloxía Románica. Como investigador tense centrado, fundamentalmente, en estudos de historia literaria. Neste labor, ademais de diversos artigos, publicou “As revistas literarias en Galicia na Segunda República”. COmo analista de textos literarios, exerce a crítica literaria en diversos medios e publicou “Castelao e os dous de sempre” e unha edición anotada da novela de Ramón Valenzuela Otero “Non agardei por ninguén”. Entre os traballos de tipo didáctico, ademais de diversos libros de texto, destacan os volumes “Castelao para nenos” e “A prensa en galego”.