Manuel González Gómez
Manuel González Gómez é Doutor en Economía pola Universidade de Vigo. Ademais da súa actividade como orador en numerosas conferencias e a súa participación en revistas especializadas, é autor de obras como “As funcións sociais do monte en Galicia. Unha perspectiva económica” (Servicio de publicacións da Deputación de Pontevedra) e coautor de “Costes y beneficios de la intervención pública en el Parque de las Illas Cíes en Galicia” (Fundación Barrié de la Maza). Recibiu o Premio de Investigación da Fundación Premios da Crítica polas súas pesquisas sobre as “Funcións ecolóxico ambientais do monte en Galicia. Unha perspectiva histórica” (Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Pontevedra).