Begoña Bas López

 

Begoña Bas López (Vigo, 1953) é unha etnógrafa galega. Fixo o bacharelato en Vigo e licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela, onde se doutorou en Xeografía. Traballou no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón da Coruña. É profesora do Departamento de Didácticas Específicas na Universidade da Coruña. Dedicase ao estudo da arquitectura popular galega. Colabora nas revistas Verba, Gallaecia e Brigantium. Recibiu o Premio de Etnografía Vicente Risco (1978) e o Premio Domingo Fernández del Riego (1984). 

 

(Texto: Galipedia)