monteagudo_03

Xosé Henrique Monteagudo Romero, nado en Esteiro (Muros) o 26 de novembro de 1959, é un sociolingüísta galego, profesor na USC desde 1982, secretario do Consello da Cultura Galega e membro numerario da Real Academia Galega.

Henrique Monteagudo licenciouse en filoloxía hispánica (galego-portugués) pola Universidade de Santiago de Compostela (1981) e foi profesor na mesma e investigador do ILGdesde 1982. En 1995 doutorouse pola Universidade de Santiago de Compostela e desde ese momento foi profesor titular de Filoloxía Galega en Santiago. Tamén foi profesor nas universidades de Birmingham (como ‘Assistant Lectores’), na City University of New York (1996) e na de Lisboa (1998). Actualmente é coordinador da Sección de Lingua Galega do Consello da Cultura Galega e director do Arquivo de Planificación e Normalización Lingüística. Monteagudo é co-coordinador do Informe sobre Política Lingüística e Normalización en Galicia da Sección de Lingua Galega do CCG desde 1998 e forma parte do Consello de Redacción da revista Grial desde 1989, e co-director da mesma desde 1993.

30 de abril de 2010 foi elixido académico numerario da Real Academia Galega, para ocupar así a vacante de Antonio Gil Merino.

(Texto: Galipedia)