Ricardo Gurriarán
O libro premiado forma parte da tese de doutoramento do mesmo autor sobre ‘A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil’. No seu conxunto e segundo expuxo o autor, a obra demostra que o momento científico de máximo esplendor da institución compostelá naquela época abrangue de 1930 a 1934 coincidindo coa chegado de profesorado mozo, a II República e a xestión do reitor Rodríguez Cadarso. “Será neste momento cando a Universidade de Santiago vai mudar cara a unha modernización institucional, conectando coa comunidade científica internacional libre de corsés ideolóxicos”.
(Fotos: El País e La Opinión)