Manuel Caamaño Suárez
Manuel Caamaño Suárez, nado en Noia o 2 de xaneiro de 1936, é un aparellador e escritor galego.
Arquitecto técnica na Escola Politécnica de Barcelona. Foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona (1959–1962) e presidente da Agrupación Cultural O Facho (1966–1979). Exerceu a docencia na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Coruña entre 1975 e 2000. Foi un dos fundadores do Partido Socialista Galego. Tamén foi conselleiro da Editorial Galaxia (1972–1986) e SEPT (1969–1975), promotor e presidente da Sociedade Cultural Escola Aberta (1978–1986), membro fundador de ADEGA en 1976, da Fundación Castelao en 1983 e das revistas Teima e Tempos Novos, en 1976 e 1997, respectivamente. Colaborou con artigos asiduamente en La Voz de Galicia. Actualmente é membro da Fundación Pedrón de Ouro.
(Texto: Galipedia)