Justo-Beramendi

Justo G. Beramendi (Madrid 1941) é catedrático de Historia Contemporánea da USC, da que foi vicerreitor (1990-1994). Cofundador do Museo do Pobo Galego e actual presidente da súa Xunta Reitora, participou na creación das revistas Negaciones (Madrid, 1977), A Trabe de Ouro (Santiago, 1990) e Tempos Novos (Santiago, 1997). Especializado na historia das ideoloxías e dos nacionalismos, publicou entre outros libros e artigos de investigación, Miseria de la Economía (1974) con E. Fioravanti, Vicente Risco no nacionalismo galego (1981), Galicia e a historiografía (1993), Manuel Murguía (1998), Alfredo Brañas no rexionalismo galego (1998), La historia política: algunos conceptos básicos (1999), La España de los nacionalismos y las autonomías (2001) con J.L. Granja e P. Anguera, A Autonomía de Galicia (2005) e De provincia a nación. Historia do galeguismo político (Xerais 2007). Autor ou coautor da edición crítica das obras de Losada Diéguez (Xerais 1984), Ramón Villar Ponte, Peña Novo, Castelao e Risco. Organizou e coeditou as actas dos congresos Nacionalismos y regionalismos en la España de la Restauración (1983), Castelao (1986), Los nacionalismos en la España de la Segunda República (1988), Nationalisms in Europe. Past and Present (1993) e Memoria e Indentidade (2004).

(Texto: Editorial Xerais)