imgres

pcrit2016018O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Pena, escritor, gañador da edición anterior; Juan Ramón Vidal Romaní, director do Instituto de Xeoloxía de Galicia, catedrático da UDC; Celia Vázquez, profesora da Facultade de Tradución da UDV; Marilar Jiménez Aleixandre, catedrática de Didáctica das Ciencias da USC; Antonio Rodríguez Colmenero, arqueólogo; Ramón Lourenzo, catedrático da USC. e Modesto Hermida García, que actuou como secretario en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia acordou declarar como finalistas ás obras Medo político e control social na retagarda franquista de Lucio Martínez Pereda (Xerais); Historia da Literatura Infantil e Xuvenil Galega do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou (Xerais) e Juan Rof Codina de Diego Conde Gómez (Xerais). Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Historia da literatura infantil e xuvenil galega do equipo coordinado por Blanca Roig Rechou (Xerais).

O xurado destacou que a obra gañadora “ten moito interese para a comunidade educativa e para novos investigadores sobre literatura infantil. Así mesmo que o equipo investigador realizou un grande esforzo na recompilación de materiais nunha área decisiva para o futuro das letras galegas, ao tempo que serve de base para outras investigacións e e exercicios críticos máis detallados”.