P1020221

O xurado da modalidade de Investigación, formado por Xosé Ramón Barreiro Fernández, catedrático da USC; gañador da edición anterior; Nieves Rodríguez Brisaboa, catedrática de Computación da UDC; Mar Fernández Vázquez, secretaria da Fundación de Investigación ELOS; Luis Espada Recarey, catedrático e ex-reitor da UDV; Lucía Fernández-Novoa Valladares, directora da Unidade de Genética de EBIOTEC, José Antonio Gómez Segade, catedrático da USC e Charo Portela, que actuou como secretaria, en representación da Fundación Premios da Crítica Galicia, acordou declarar como finalistas as obras Tastarabás. Enciclopedia de brinquedos populares de Antón Cortizas (Xerais),  Arte e ciencia en Galicia de Francisco Díaz Fierros (Servizo de Publicacións da USC)  e Estilística da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato. Tras as derradeiras deliberacións acordou outorgar por maioría o premio a Estilística da lingua galega de Xosé Ramón Freixeiro Mato editada por Xerais. O xurado salientou “a novidade e orixinalidade da proposta, que é a primeira deste tipo en lignua galega, e a concepción e enfoque amplo da Estilística ao abeiro doutras disciplinas lingüísticas”. Así mesmo subliñou “o seu potencial na investigación lingüística e a súa apliación en relación ás novas tecnoloxías”.