Xosé Ramón Barreiro Fernández
Xosé Ramón Barreiro Fernández (Ribeira, 1936) é un investigador galego.
Licenciouse e doutorouse en Dereito Canónico pola Universidade Gregoriana de Roma. En 1974 obtivo a licenciatura en Filosofía e Letras, con premio extraordinario. Doutorouse en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese O campesino galego no século XIX: economía e sociedade e é catedrático de Historia Contemporánea de Galicia na mesma universidade. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia. Desde o 20 de decembro de 2001 até o 23 de xaneiro de 2010 foi presidente da Real Academia Galega.
Os seus traballos de investigación céntranse sobre todo na historia contemporánea de Galiza e están recollidos en artigos e obras publicadas en castelán e en galego. Destacan: El carlismo gallego (1976), Historia Contemporánea de Galicia (1981), obra pola que recibiu o Premio da Crítica 1982, La imprenta en Galicia (1982), Historia de la imprenta en Galicia (1990) ou os catro volumes dedicados ós séculos XIX e XX que publicou dentro do proxecto editorial Galicia (1991).
Texto: Galipedia.