Xosé María Álvarez Cáccamo
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura. Entre a súa poética destacan: “Praia das furnas” (Xerais, 1983), “Colección de Espellos” (Espiral Maior, 1994), “Calendario Perpetuo” (Espiral Maior, 1997) e “A escrita das aves de marzo” (Edicoes Tema, 1997), polo que recibiu o Premio de Creación Literaria da Fundación Premios da Crítica en 1998.
Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume.