Manuel María
Manuel María (Outeiro de Rei 1929 – A Coruña 2004), foi autor dunha inmensa obra literaria, que abrangue a poesía, o teatro, a narrativa e o ensaio. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o bacharelato e aquí comezou a súa precoz carreira literaria participando, á idade de 20 anos, no ciclo de conferencias “Jóvenes valores lucenses”. Esta primeira conferencia serviulle para coñecer aos integrantes da tertulia do café Méndez Núñez (Pimentel, Fole, Rof Codina…) que o poñerán en contacto coa realidade galega, tanto interior como do exilio. Nesta primeira etapa da súa vida, publica o primeiro poemario dun poeta da nova xeración, “Muiñeiro de brétemas” (1950), co que se inaugura a denominada “Escola da Tebra”. Manuel María é autor dunha estensa obra dramática. Entre as súas pezas publicadas podemos sinalar: “Auto do taberneiro” (1957), “Auto do labrego” (1961), “Auto do mariñeiro” (1961), “Barriga verde” (1968), “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo, chamada Berenguela” (1979), “Auto do Maio esmaiolado” (1982), “Abril de lume e ferro” (1989), “Unha vez, foi o trebón” (1992) e “Farsa de Bululú” (1992, IGAEM / Xerais 2006).
Texto: Editorial Xerais.