Luisa Villalta
Luísa Villalta Gómez, nada na Coruña o 15 de xullo de 1957 e finada o 6 de marzo de 2004, foi unha escritora, filóloga e violinista galega.
Licenciada en Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como profesora de lingua e literatura galegas no ensino medio. Titulada superior en violín, formou parte da Orquestra de Santiago de Compostela (desde 1985) e, máis tarde, da Xoven Orquestra de Galicia, así como de diversos grupos de cámara galegos. Escribiu poesía, relatos e teatro.
(Texto: Galipedia)