O xurado da XLVIIIª edición dos Premios da Crítica de Galicia da modalidade de Creación Literaria, formado Cristina García, bibliotecaria da Biblioteca Pública Juan Compañel; Xosé Monteagudo, escritor; Chus Pato, poeta, membro da RAG, gañadora da edición 2024; Andrea Quintáns Rey, libreira de Libraida; Susana Sanches Arins, escritora e crítica; Cesáreo Sánchez Iglesias, poeta e presidente da AELG e Malores Villanueva, profesora, secretaría, en representación dos Premios da Crítica de Galicia acordou entre as propostas presentadas declarar finalistas: Contos gringos (Galaxia) de Lara Dopazo; Poemas realistas(Apiario) de Daniel Salago e Runrun(Galaxia) de Ana Varela.

Tras as derradeiras deliberacións, acordou outorgar por maioría o premio a Contos gringosde Lara Dopazo.

Na súa xustificación, o xurado salientou o estilo e a intensidade das voces que se individualizan en cada relato para caracterizar os distintos personaxes. Con gran pulso narrativo, Lara Dopazo renova en Contos gringos a tradición relatista galega. A escolla dun vibrante manexo textual logra que calquera suceso cotiá poida converterse e extraordinario.