Ramón Lorenzo
Ramón Lorenzo Vázquez, nado en Eirapedriña (Ames) en 1935, é un estudoso da lingua galega e da prosa medieval, catedrático de Lingüística e Literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela dende 1981e membro da RAG desde 1999.
A súa tese titulada Traducción gallega de la Crónica General y de la Crónica de Castilla recibiu o premio extraordinario de doutoramento e constitúe unha referencia inescusable para o estudo da lingua medieval galega e portuguesa. Non menos valiosa é a edición galega da Crónica Troiana. Por outra banda, formou parte do grupo literario Brais Pinto, canda Méndez Ferrín, Alexandre Cribeiro, Herminio Barreiro, Reimundo Patiño, etc. e foi un dos impulsores da revista de creación poética Dorna.
En 1971 participou na fundación do Instituto da Lingua Galega, institución á que permanece vencellado.
Traduciu obras de literatura xuvenil, como O ponche dos desexos, de Michael Ende (xunto a Úrsula Heinze).
(Texto: Galipedia)