Xavier Villaverde
Xavier Villaverde (A Coruña, 1953) é un director de cine galego. Comezou no campo da creación en vídeo, sendo a obra máis coñecida dos seus principios Veneno Puro de 1984. En 1989 realizou a súa primeira longametraxe,Continental. Logo adicouse un tempo a realización de publicidade para dez anos máis tarde volver a dirección cinematográfica con Fisterra, onde termina o mundo (1999) e máis tarde con “Trece Badaladas” (2002).