Enrique Ortiz Alonso
Enrique Ortiz Alonso (Ourense, 1934) é un pintor galego. Realizou os seus estudos de pintura, de litografía e gravado nas escolas de Artes Gráficas e Belas Artes de Madrid. Completou os seus estudos na École des Beaux Arts de Paris. Enrique Ortiz é un dos grandes no seu campo artístico preferente, o do gravado. Xa en 1977, con motivo do Milenario de San Rosendo, dende o Museo Arqueolóxico, e os seus colaboradores, o Grupo Marcelo Macías, puideron promover a edición dunha estampa (100 exemprares), dende o gravado orixinal que estaba no Museo, facéndose a reproducción no Taller Estudio de Grabado do artista. Ademais, ten colaborado en empresas variopintas como a capa do disco de Miro Casabella “Ti Galiza” en 1977.