acunha

O editor e escritor pontevedrés Enrique Acuña ven de recibir o Premio da Crítica 2010 na modalidade de Ciencias e Artes da Representación. O xurado recoñece con este galardón a súa “longa e continuada contribución a recuperación da memoria gráfica e visual de Galiza por medio dunha trasectoria configurada desde un amplo abano de publicacións, edicións e, sinaladamente, como comisario de exposicións fundamentais para a restauración e posta en valor da nosa historia contemporánea”, segundo se recolle na acta dos calificadores.

(Texto: Faro de Vigo, Foto: Rafa Vázquez)