enpe200

En Pé de Pedra foi un festival anual de danza de Santiago, fundamentalmente realizado ao aire libre, onde ao longo do día sucédense representacións de danza en diferentes espazos, redescubiertos para o público e o paseante. Utiliza como escenario o propio marco arquitectónico da cidade, as rúas e prazas de Compostela como espazo para a representación. Un encontro directo entre o espectador/paseante e o creador/intérprete sen intermediarios. Un encontro que se vive como unha festa, como un acontecemento extraordinario na cidade.