Peliqueiros en Laza

Entroido de Laza é a máxima expresión dun entroido diferente, enxebre. O seu éxito redunda na conservación dos actos que ao longo dos dí­as, e ao longo do ano, se van celebrando. Hoxe, igual que fai décadas.

 

O peliqueiro é a máscara característica do entroido de Laza. A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (leónloboboi). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montésraposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro que se lle dá en Laza.