A Roda, Milladoiro e “Cantigas gallegas dos séculos XIX-XX”
O Premio de Música da Fundación Premios da Crítica de Galicia en 1978 dividiuse en tres categorías: folclore, música popular e música culta. Deste xeito, o gañador do mundo de folclore fo o grupo “A Roda”, que naceu en 1976, formado por amigos que adoitaban cantar nas tabernas. O seu primeiro disco, que incluía clásicos como “Pousa, pousa”, “O andar miudiño” e “O gato”, que foi un éxito de vendas.
Dentro da categoría de música culta os galardoados foron “Milladoiro”, grupo que acababa de nacer e exploraba novas sonoridades para o folk galego. Actualmente está considerado como o máis internacional dos grupos galegos.
Na música culta, a obra escollida foi “Cantigas gallegas dos séculos XIX – XX”.