Carlos Núñez
Carlos Núñez (Vigo, 1971) é un músico galego. É un estudoso incansábel da música celta e no panorama internacional está considerado como unerudito do tema. As súas investigacións seguen basicamente dúas liñas relacionadas entre si: a orixe da música celta e a súa fusión coas músicas do mundo actuais. O seu interese polo tema levouno a percorrer o globo e a relacionarse con músicos e artistas dos países que visitou, para logo plasmar os seus coñecementos e experiencias na súa prolífica discografía.
En 1996 publicou o seu primeiro disco, “A Irmandade das Estrelas” que supuxo o boom da música celta en España. Neste disco, Núñez centrase sobre todo na exploración da súa Galiza natal con influencias irlandeses. A este álbum seguíronlle “Os amores libres”, onde presenta unha reflexión en torno ao concepto celta explorando, entre outras, as conexións existentes entre a música tradicional galega e o flamenco, “Mayo Longo” e “Almas de Fisterra”, entre outros.
(Texto: Galipedia)