Román Rodríguez González

 

Román Rodríguez González (Lalín, 1968) é doutor en Xeografía pola Universidade de Santiago de Compostela, onde é profesor titular en servizos especiais ao ser tamén deputado no Parlamento Galego. As súas liñas de investigación son  a planificación, desenvolvemento local, avaliación de políticas públicas no ámbito da política rexional e a análise xeográfica rexional. Entre as súas moitas publicacións especializadas destacan “La urbanización del espacio rural en Galicia” (1997), “De aldeas e cidades” (1999), Xeografía, entre cultura e profesión territorial” (2004) e “Xeografía de Galicia” (2011), entre outras.