tiracolo

Ouvirmos é unha empresa preocupada polo desenvolvemento económico e social do país, plenamente consciente de que formamos parte dunha rede aberta, universal e global á que non renunciamos e na que queremos participar, achegando os seus valores e contribuíndo activamente á diversidade cultural.

A colección de gravacións históricas A Tiracolo ten como obxectivo a recuperación, restauración sonora e dixitalización das grandes obras editadas da música galega con anterioridade ao ano 1954.

A colección está formada por 20 obras, en formato exclusivo de Disco-libro, con traducións ao español, inglés e francés. Grazas a esta colección, a sociedade dispón do son orixinal de todos os intérpretes, como de Manuel Quiroga ou dos gaiteiros de Soutelo; así como da primeira gravación do himno ou do primeiro disco galego.