Daniel Quintas Calvo
Daniel Quintas Calvo (Vigo,1918) é un músico galego. Realizou estudios de piano e foi autodidacta en Harmonía e Composición. Foi crítico en “Galicia Social” e “El Pueblo Gallego”, conferenciante, directivo e presidente da Sociedade Filharmónica de Vigo, director da súa orquestra (que fundou en 1957), subdirector e director (1980) da Orquestra de Vigo, o que lle valeu o Premio da Crítica Galicia 1983.