Ramón VillaresRamón Villares (Xermade, 1951) é doutor en Historia e presidente do Consello da Cultura Galega

Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela dende 1987, é autor de máis de setenta publicacións, entre as que destacan: “Foros, frades e fidalgos, Estudos de historia social de Galicia” (1982), “Galicia. A Historia” (1984), “Figuras da nación”, (1997), “Historia de Galicia” (2004), e “Fuga e retorno de Adrián Solovio: sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista” (2006), entre moitas outras.