Preescolar na casa
Preescolar na Casa foi un programa educativo que naceu en Galicia no ano 1977. O programa Preescolar na Casa tivo como misión contribuír á formación de pais que tiñan nenos e nenas de ata seis anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria.
Organizábase, preferentemente no medio rural e outros medios desfavorecidos, tentando apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos, nos primeiros anos de vida. Pretendía ser unha axuda para que os pais foran capaces de comprender mellor ós seus fillos e responder axeitadamente ás súas necesidades e posibilidades.