Pegerto Saavedra Fernández
Pegerto Saavedra (A Fonsagrada, 1951) é un historiador galego. Foi premio extraordinario de licenciatura en Historia e premio extraordinario de doutoramento. É catedrático de Historia Moderna da Universidade de Santiago de Compostela. Obtivo o Premio da Crítica, na categoría de Ensaio, en 1993 polo libro A vida cotiá en Galicia de 1550 a 1850, e en 1998, compartido cos outros autores, polo tomo I da Historia da Universidade de Santiago. En 2011 foi elixido membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Francisco Xavier Río Barxa.