Henrique Otero
Henrique Otero Covelo (Vigo 1930 – 2013), máis coñecido coma O Gaiteiro de Fragoso é un gaiteiro e mestre de gaita galega.
Henrique Otero pretendou lograr unha síntese entre a aprendizaxe tradicional da gaita e os métodos clásicos. Foi membro fundador do grupo Os Cruceiros, de grande popularidade na Galicia dos anos sesenta. En 1971 converteuse no primeiro mestre gaita no Conservatorio de Vigo, logrando que o Ministerio de Educación recoñecese o estudo da gaita galega. Foi tamén o primeiro gaiteiro que publicou un método para aprender gaita, Leccións de Gaita. Polas súas aulas pasaron algúns dos máis destacados gaiteiros da actualidade, como Carlos Núñez.
Ten compostas máis de duascentas obras, nas que mestura a tradición coa busca de novas posibilidades para o instrumento. Grupos coma Treixadura e Noitarega teñen incluídas algunhas das súas pezas nos seus repertorios.
(Texto: Galipedia)
Foto: Faro de Vigo