alala_rtvg

Os protagonistas do programa Alalá son persoas, grupos ou asociacións que se dedican á música tradicional ou folk galegas. Alalá mestura interpretacións musicais con fragmentos documentais sobre a vida cotiá dos protagonistas, o seu xeito de pensar, sentir e percibir a música tradicional e o mundo.

A música tradicional galega naceu nun contexto rural. A aldea foi a gran transmisora da cultura e do saber musical galego. En Alalá non son os gaiteiros ou as pandereteiras quen se traslada ao estudio de gravación senón que é a cámara a que vai á aldea, para retratar coa maior fidelidade e profundidade ese contexto onde se produce ou producía a música tradicional.

(Texto: RTVG)