Xesús Alonso Montero
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é un ensaísta galego. Presidente da Real Academia Galega, é catedrático de Literatura galega, sociolingüista, poeta e conferenciante galego.
Destacou no campo da sociolingüística con libros como “O porvir da lingua galega” (1968), “O que cómpre saber da lingua galega” (1969) ou o polémico e contestado” Informe -dramático- sobre la lengua gallega” (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Luís Pimentel, Celso Emilio Ferreiro (Celso Emilio Ferreiro) e Luís Seoane, entre outros.
Fixo tamén achegas noutros ámbitos da literatura galega como a poesía popular e os poetas alófonos en galego, e ten realizado estudos sobre autores da literatura española como Antonio Machado, García Lorca, Miguel de Unamuno ou Valle-Inclán. Alén disto, é destacábel as súas colaboracións na prensa galega, que foi recollida en parte na obra “Beatus qui legit: artigos periodísticos (1998-1999)”. Debemos salientar tamén o seu papel como conferenciante, sobre todo en España e na América. Tamén ten libros de poemas: “Versos satíricos ó xeito medieval ou Versos republicanos”. Así mesmo, realizou compilacións poéticas de homenaxe a autores galegos: “Coroa poética para Castelao” (1988), “Coroa poética para un mártir” (1996), “Coroa literaria para Roberto Blanco Torres contra a súa morte” (1999) e “47 poetas de hoxe cantan a Curros Enríquez” (2001).
Ingresou na Real Academia Galega o 30 de outubro de 1993 e O 20 de abril de 2013 foi elixido presidente da mesma.
(Texto: Galipedia)