P. Xosé López Calo
José López Calo (Nebra, 1922) é un sacerdote xesuita. Estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Santiago de Compostela y na Compañía de Jesús, na que ingresou en 1942. Licenciado en Filosofía (Universidad Pontificia de Comillas) e en Teoloxía (Facultad de Teología de Granada).
Estudou musicoloxía no Pontificio Instituto de Música Sagrada de Roma, onde tivo como profesor principal ao eminente musicólogo Mons. Hixinio Anglés e onde se doctorou en 1962 coa tese “La Música en la catedral de Granada en el siglo XVI”. Dende 1973 foi Profesor Agregado, y logo Catedrático, de Historia da Música na Universidade de Santiago de Compostela, onde é Profesor Emérito dende a súa xubilación.
Autor de máis de 60 libros de musicoloxía e de máis de 250 artígos nas principais revistas de musicoloxía do mundo, así como en enciclopedias e nos principais diccionarios de música do mundo, entre os que destacan as súas colaboracións ao diccionario alemán “Die Musikin Geschichte und Gegenwart”, e no “The New Grove Dictionary of Music and Musicians”, para o que escribiu máis de 200 voces sobre música e músicos españois.