Nemesio García Carril
Nemesio García Carril (Sobrado dos Monxes, 1943 ) é un compositor e músico galego.
Cando realizaba estudos humanísticos e filosóficos en Santiago de Compostela comezou os estudios musicais no Conservatorio de Música desta cidade que continúa na Coruña, Madrid e Roma especializándose en canto, dirección, composición e musicoloxía. Entre 1968 e 1980 é mestre-director da Capela de Música da Catedral de Santiago. Actualmente é catedrático do IES “Padre Suárez” e profesor colaborador da Univ. de Granada. Como compositor é autor de diversas obras de música vocal e instrumental sendo máis notable a súa música para a imaxe.