Manuel Pérez Fanego
O Pai Manuel Pérez Fanego (Neda, 1911 – 1988) foi capelán da Bazán durante medio século e creador da Coral Polifónica que, baixo a súa dirección, acadou tanta calidade como prestixio. Esta formación chegou a ter durante os anos 50 máis de 200 voces, facéndoa unha das máis grandes de Galicia. Durante máis de trinta anos participou en actos benéficos, concertos de homenaxe e festivos, festas relixiosas ou de promoción cultural. Realizou tamén gravacións como “Os salmos pra nosa terra” e “A misa do pobo de Deus”.