Joám Trilho
Joam Trilho é un músico galego. Estudou no Seminario de Santiago; Canto Gregoriano, Musicoloxía e Órgano no Pontificio Istituto di Musica Sacra de Roma e Composición no Conservatorio de Santa Cecilia de Roma.
Membro fundador do grupo dos Irmandiños en Roma. Profesor (1977) e logo director (1982-85) do Conservatorio de Santiago e Fundador (1987) e director da Xoven Orquestra de Galicia. Ademais foi tamén fundador da coleción Ars Gallæciæ Musicæ, para a publicación de obras de compositores galegos do pasado e do presente. Ten máis de 30 obras publicadas.