Grupo Atlántica
O grupo Atlántica foi unha agrupación artística galega, creada en 1980 co propósito de reactivar as artes plásticas en Galiza. O grupo tivo unha curta vida no panorama artístico, realizaron cinco exposicións comisariadas polo colectivo entre 1980 (a primeira delas foi en Baiona) e 1983.
Atlántica tiña por obxectivo modernizar a plástica galega sen deixar de entroncala nunhas sinais de identidade propias próximas a plantexamentos politicos de tiponacionalista. Enmarcando a proposta dentro doutras de tipo internacionalista, os membros de Atlántica son en certo modo herdeiros dos seus coetáneos da transvangarda italiana. Recupéranse símbolos e signos de carácter mitolóxico, relacionados co mundo precristián, céltico e o contorno do océano Atlántico, do que toman a denominación. No caso da escultura prodúcese unha revalorizacion da pedra e a madeira como materiais escultóricos identitarios.
O grupo estaba composto pola pintora Menchu Lamas, os pintores Antón Lamazares Silva, Ánxel Huete,Antón Patiño, Monroy e o escultor Ignacio Basallo.
Foto: O Grupo Atlántica en Madrid. Francisco Mantecón