Coro Ultreia
O Coro Ultreia recibiu o Premio na categoría de música polo seu álbum titulado IACOBUS que é a gravación íntegra da música do Códice Calixtino (s. XII) que se atopa na Catedral de Santiago de Compostela, e que contén todo o cerimonial litúrxico para a festividade de Santiago (monodia e polifonía).
A agrupación recolle a herdanza do coro de canto gregoriano do mesmo nome – Ultreia- , formado por voces mixtas provintes do ámbito da tradición coral pontevedresa, especializadas na interpretación da música vocal medieval e renacentista, contando habitualmente coa colaboración de instrumentistas de formacións afíns.